viernes, 19 de julio de 2013

Cena fin de tempada Liga de Tenis 2013:


Hoxe venres 19 de xullo, vai a ter lugar a Cena Fin de Tempada da Liga de Tenis de Negreira 2013. Este ano as dificultades para levar adiante a Liga, nos dous primeiros meses por mor da intensa choiva que tivemos esta primavera, non impediu que se remataran a maioría dos partidos e puideramos saber os postos de cabeza, así como os descensos e ascensos.

Dende a organización dar as gracias a todos os participantes, colaboradores e en especial a empresa DEXGA, que a través de Isidoro Martinez, nos facilitou as aplicacións da reserva de pistas e a de Resultados e Clasificación, o que nos facilitou moito o traballo do desenrolo da Liga.

Esperamos contar con todos para o ano que ben, e de novo gracias polo voso comportamento nas Pistas.

O Cadro final da Liga quedou da seguinte maneira:

DIVISIÓN DE HONRA:
1º- David Rodriguez
2º- Juan Nogueira
3º - Juan Mesejo

ASCENDEN A DIV. HONRA:
- Amancio Raña
- Santiago Mariño

DESCENDEN A 1ª DIV.:
- Ismael Ponte
- José M. Lorenzo

1ª DIVISIÓN:
1º - Amancio Raña
2º - Santiago Mariño
3º  - Ana Suárez

ASCENDEN A 1ª DIV.:
- Isidoro Martinez
- Jesús Becerra

DESCENDEN A 2ª DIV.:
- Manuel Sanmartín
- Juan J. Noya

2ª DIVISIÓN:
1º- Isidoro Martinez
2º - Jesús Becerra
3º- Jose Esparís

ASCENDEN A 2ª DIV.:
- José L. Veiga
- José M. Lorenzo

DESCENDEN A 3ª DIVISIÓN:
- Angel Pérez
- Iván Boullón

3ª DIVISIÓN:
1º- José L. Veiga
2º - José M. Lorenzo
3º - Angel Fabeiro



lunes, 8 de julio de 2013


A Liga chega o seu fín.....

Despois de tres meses de competición a Liga de Tenis está a punto de concluir, a pesar das dificultades para avanzar no torneo no primeiro mes por mor da choiva, o final os partidos disputaronse sen problema.

Todavía quedan algún enfrontamento por disputar, polo que solicitamos a maior premura para finalizalos.

Agradecemos a vosa colaboración e damos a noraboa os gañadores, que en breves días serán publicados nesta xanela informativa.

RECORDAR QUE ATA O MARTES 16 DE XULLO PÓDENSE XOGAR OS PARTIDOS QUE TODAVIA QUEDEN PENDENTES. TAMÉN É IMPORTANTE REVISAR OS PARTIDOS NA APLICACIÓN DE "RESULTADOS" DESTE BLOG PARA ACTUALIZALO.

Esperamos contar con todos os participantes o vindeiro VENRES 19 DE XULLO no Restaurante Tamara, na Cea-Gala de entrega dos premios e sorteos de agasallos.

Gracias a todos bo verán.

lunes, 17 de junio de 2013

Último mes de competición

A falta de catro semanas para o remate da Liga de Tenis 2013, os xogadores das distintas categorías están a apurar os seus partidos. Queremos facer un chamamento os xogadores da Liga para que xoguen en plazo os seus encontros e poidamos acabar a Liga no tempo marcado no calendario.

Entendemos que foi unha primavera moi adversa climatolóxicamente falando, pero o tempo parece que vai a mellorar estas semanas e solicitamos a vosa colaboración para disputar todos os partidos.

Dende hoxe está a vosa disposición unha nova aplicación para insertar os resultados e ter as clasificacións actualizadas en tempo real, gracias a colaboración dun bo amigo como é Isidoro Martínez e por xentileza da empresa DEXGA, que nos cedeu este servicio para poder ter un control diario dos encontros.

Para poder insertar os resultados só tedes que meter o voso D.N.I, e meter en cada casilla os sets gañados e perdidos.

Tamén hai que anunciar que hai catro xogadores que se deron de baixa por lesións e tamén por razóns laborais, este xogadores son: IVAN BOULLÓN E ANGEL PÉREZ DE 2ª DIVISIÓN, JUAN J. NOYA DE 1ª DIVISIÓN E DAVID SUÁREZ DE 3ª DIVISIÓN.

Volvemos a pedir o voso compromiso para disputar os partidos que faltan por xogar e poder rematar a Liga na CEA FIN DE TEMPADA que para a semana anunciaremos lugar e hora, onde aproveitaremos para entregar os trofeos os mellores da Liga.

Para poder ver os resultados e clasificación a tempo real PINCHA AQUÍ

lunes, 3 de junio de 2013

A Liga de Tenis xa ten favoritos.

Transcurridos dous meses da Liga de Tenis de Negreira, os favoritos ó título final vanse posicionando, e podemos falar dos candidatos:

Na División de Honra David Rodríguez parece que non vai a ter rival para acadar o título, de todos modos aínda lle quedan rivais duros e ata o final non se saberá quen gaña. Preto del Juan Mesejo e Jesús Mariño están pendientes dun fallo de David para subir posicións.

Na Primeira División Daniel Moure, Alfredo Atrio e Ana Suárez manteñen un pulso polos tres primeiros postos, seguidos moi de preto por Santiago Mariño.

Na segunda División Jesús Becerra parece que vai cun paso firme cara o título, aínda que lle quedan enfrontamentos moi complicados.

Por último na 3ª División Ramón Moreda e José Luis Veiga teñen moi cerca acadar o ascenso, pero como o resto de rivais queda aínda a segunda parte da Liga, que dictaminará quenes foron os mellores.

Queremos recordar como sempre algún dato importante para o que queda de Campionato:

1.- Hai xogadores que están lesionados e de seguir así nesta semana, tomaranse decisións sobre a súa continuidade na Liga.

2.- Tedes a obriga de enviar os resultados o remate do partido ou o día seguinte (ten que facelo o gañador).

3.- Hai encontros aprazados das primeiras xornadas, se non se xogan nos vindeiros dez días, daranse por perdido o xogador que aplazou o partido.

4.- Estanse a ver comportamentos desafortunados na competición polo que pedimos os xogadores que respeten os rivais, avisando dos aprazamentos con tempo, desbloqueando as pistas que non se usen, ou que se disputen os partidos na hora e pistas previstas.

Pedimos dende a organización desculpas por non ter actualizada a clasificación con máis asiduidade, pero aseguramos que a partir da xornada de hoxe levarase con máis regularidade.

Moita sorte a todos!!!

lunes, 29 de abril de 2013

Primeiro mes de competición sen sobresaltos

Rematado o primeiro mes da Liga, xa se pode vislumbrar ós xogadores que van a pelexar polos primeiros postos.

Na división de honra, David Súarez está a demostrar que está nun gran momento e seguro vai a ser un firme candidato o título.

Na primeira e segunda división dous recén ascendidos como Daniel Moure e José Esparís están poñendo o listón moi alto e son os xogadores sorpresa das súas categorías.

Na terceira división Ramón Moreda e José Lorenzo siguen invatidos nos primeiros postos, e de seguro van a pelexar duro polo ascenso.

En canto a parte de abaixo todavía e cedo para facer un pronóstico, xa que ata o final non se vai a saber quen descende.

Esperamos que os xogadores con problemas físicos poidan recuperarse, e disputen os partidos aplazados o antes posible.

RECORDAMOS QUE TEDES QUE XOGAR OS PARTIDOS APLAZADOS O ANTES POSIBLE, E QUE TEDES A OBRIGA DE ENVIAR OS RESULTADOS O DÍA DO PARTIDO OU BEN O SEGUINTE DÍA.


viernes, 12 de abril de 2013

Choiva, choiva, choiva........

Despois de duas semanas de competición a choiva foi a gran protagonista, xa que non permitiu xogar a maioría dos partidos da Liga de Tenis de Negreira 2013.

A partir deste fin de semana os pronósticos parecen máis favorables e o sol vainos a acompañar varios días, polo que solicitamos a todos os participantes na Liga de Tenis, que disputen os partidos en plazo.

Para o bo funcionamento da competición vamos a expoñer algunhas normas de obligado cumprimento:

1.- O PRAZO MÁXIMO PARA A DISPUTA DOS PARTIDOS APRAZADOS É DE 15 DIAS, A EXCEPCIÓN DE LESIÓNS OU DE MAL TEMPO.

2.- OS GAÑADORES DOS PARTIDOS TEÑEN QUE ENVIAR OS RESULTADOS O DIA DO ENCONTRO OU Ó DIA SEGUINTE O TELF.: 650 358 044 (VIA SMS OU WHATSAPP).

3.- ANTES DE CADA PARTIDO OS DOUS RIVAIS TEÑEN QUE POÑERSE DE ACORDO PARA A DISPUTA DOS PARTIDOS POR TELÉFONO.

4.- A APLICACIÓN DE RESERVA DE PISTA ESTARÁ OPERATIVA A PARTIR DO LUNS 15 DE ABRIL, POLO QUE SÓ TEDES QUE METER O VOSO D.N.I. PARA FACER AS RESERVAS OPORTUNAS. TAMÉN É IMPORTANTE INDICAR QUE CANDO SE SUSPENDA UN ENCONTRO, TEDES QUE DESBLOQUEAR A PISTA NA CAL SE ÍA A XOGAR O ENCONTRO.

viernes, 8 de marzo de 2013


Gañadores da edición 2012
Aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis 2013 do Concello de Negreira:

Dende hoxe venres 8 de marzo e ata o 22 de marzo está aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis Municipal do Concello de Negreira, unha edición na que se espera que haxa unha participación similar a de anos anteriores.

Dende o 1 de abril comenzará a competición que posiblemente teña catro categorías onde se manterán os ascensos e descensos.

O sistema de competición e similar o de outros anos, xogando de luns a venres nas Pistas de Pedra Mámoa, e o prezo de inscrición é de 20 euros.

Se estás interesado en participar, anótate na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, ou no telf.: 981. 885 886, e-mail: culturadeportes@concellodenegreira.es


Moita sorte a todos e que sexa unha Liga tan competida como estes anos.